Mostrando postagens com marcador Miguel Anxo Fernán Vello. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Miguel Anxo Fernán Vello. Mostrar todas as postagens

Democracia e mercados



Xa no ano 1997 -lembrábao hai pouco Carlos Berzosa- Ignacio Ramonet titulaba un seu artigo Desarmar os mercados financeiros, no que dicía, entre outras cousas, que o desarmamento e do poder financeiro debería converterse nun "interese cívico de primeira magnitude", se se quere evitar que o mundo do próximo século "se transforme nunha selva onde os depredadores impoñan a súa lei". As palabras de Ignacio Ramonet, sen dúbida, foron proféticas. Os depredadores, altamente organizados, están aquí. E con todas as súas armas na man atacan a democracia.

Do artigo Democracia e mercados de Miguel Anxo Fernán Vello.

Sobre o político




Cando o señor Lorenzo denuncia que nunha parte da composición do Consello Escolar están os partidos políticos da oposición, "que seguen a desgastar o goberno co tema da lingua, nun intento de quitar beneficio político dunha cuestión que debería estar por riba das diferenzas ideolóxicas e partidistas", está vendo só o político nos outros -a contaminación nos outros-, confirmándose el como puro, por riba do ben e do mal, para superar así o fracaso, o inmenso fracaso que supón que o máximo órgano consultivo en materia educativa lle diga (24 votos a favor e 16 en contra) que a súa Política é un "nin cando nin onde": puro labirinto de destrución.

Miguel Anxo Fernán Vello, Lorenzo no seu labirinto político