
Para alén da noite que me cobre
negra como o abismo insondábel
dou grazas aos deuses que puideren existir
pola miña alma invicta.
Nas azarosas poutas das circunstancias
nunca me lamentei nin pestanexei.
Sometido aos golpes do destino
a miña cabeza está ensanguentada, mais erguida.
Para alén deste lugar de cólera e de lágrimas
onde xaz o horror da sombra
a ameaza dos anos atópame, e atoparame,
sen medo.
Non importa o estreita que sexa a porta,
ou o cargada de castigos que veña a sentenza:
eu son o amo do meu destino,
eu son o capitán
da miña alma.
William Ernest Henley (Gloucester,Inglaterra: 1849-1903)
Para saber máis do poema.
Para saber máis de Nelson Mandela.