A acción política municipal




Remato cunha síntese perfecta que fixo unha compañeira no verán do 2002, cando o nivel de agresividade externa, interna (si, interna) e mediopensionista contra o noso goberno de Pontevedra era abafante: "Estamos, estades no goberno para facer o que temos definido. Isto é o que temos que seguir facendo; se á xente lle gusta, votaranos outra vez; se non, para que fagades o mesmo que os outros, que voten aos outros e ímonos á oposición coa cabeza alta, pois ninguén poderá dicir que o enganamos. Estades facendo o que dixemos que iamos facer". Uns meses despois o BNG acadou o récord histórico de votación nunha cidade.

Seguirá o BNG na Alcaldía de Pontevedra? Se a conservamos outra vez, hipótese máis probábel a día de hoxe, non así hai un ano, non será polas supostas facilidades que nos dá o estar no goberno, será porque o proxecto político do BNG ten o aval suficiente, ao igual que o tivo cando estabamos na oposición; se a perdemos, posibilidade real, non será porque non queiramos estar no goberno, se non pola redución de apoios ao noso proxecto.

César Mosqueira no Terra e Tempo dixital fala sobre o BNG e o Goberno Municipal de Pontevedra.