O humor pode ser revolucionario



Decepción ou cabreo?

A decepción téñena os creadores e mantedores do sistema capitalista. Paróuselles o invento e non saben nin por que nin como arranxalo. O cabreo deberiámolo ter o resto dos mortais porque esta crise foi un timo, pero non acabo de velo.

Por que non hai máis cabreo?

Porque é a primeira –ou segunda– gran crise na que non hai un sistema alternativo. Antes existían o comunismo, o marxismo, o movemento obreiro, o internacionalismo, pero dende 1989 só hai un sistema: o capitalista. Xa hai dúas xeracións que non conciben outra cousa. Máis que cabreo, teñen medo. Medo e a esperanza de que volva funcionar.

Hai que volver a ser comunista, ou comunista liberal, como di Vattimo?

Eu nunca fun comunista, son máis ben do sector anarco. O que hai que ser é profundamente anticapitalista, pero por unha cuestión de moderación. O capitalismo é unha doutrina radical, moi bestia. Calquera persoa de orde hoxe ten que ser anticapitalista.

Entrevista a Antonio Baños, xornalista, escritor e cantante de Los Carradine.