Os campos de batalla do imperialismo




Tal coma se propón, a “sociedade civil” está asociada cunha ideoloxía de consenso. Trátase dun consenso duplo:
1. que non existe alternativa á “economía de mercado” (en si mesmo unha expresión indiscriminada e falta de discernimento que serve para substituír unha análise do “capitalismo realmente existente”). 2. que non existe alternativa á democracia representativa baseada en eleccións de partidos múltiples (concibido como a “democracia”) que serve coma un substituto para a concepción de democratización da sociedade, o que constitúe un proceso sen fin. Pola contra, a historia das loitas veu a emerxencia de culturas políticas de conflito, baseadas nun recoñecemento do conflito dos intereses sociais e nacionais, o que dá un significado completamente diferente aos termos “esquerda” e “dereita”. Atribúe á democracia creativa o dereito e o poder para imaxinar alternativas e non simples “alternancias” no exercicio do poder (mudar os nomes para facer as mesmas cousas).

(...)

A ideoloxía subxacente está sendo claramente utilizada para eliminar simplemente a cuestión real: que intereses sociais representan e defenden o poder gobernante, sexa o que sexa?. Cómo pode a mudanza no poder, tal coma é, progresar para se converter gradualmente nun instrumento das maiorías, en particular das vítimas do sistema?.

(...)


O pos-modernismo non leva a cabo esta crítica radical cara fomentar e promover a emancipación dos individuos e da sociedade a través do socialismo. Pola contra, propón un regreso ás alienacións premodernas e precapitalistas. As formas de sociabilidade que promove están necesariamente en liña coa adhesión a unha identidade “tribal” para as comunidades (para-relixiosas e para-étnicas), nas antípodas do que se precisa para afondaren na democracia, convertida nun sinónimo de “tiranía do pobo” que se atreve a cuestionar a sabia dirección dos executivos que serven aos oligopolios. As críticas pos-modernas dos “grandes relatos” (a Ilustración, a democracia, o progreso, o socialismo, a liberación nacional) non miran cara o futuro senón que regresan a un pasado imaxinario e falso, extremadamente idealizado. Desta maneira facilita a fragmentación da maioría da poboación facéndolle aceptar o axuste á lóxica de reprodución da dominación polos oligopolios imperialistas. Esta fragmentación dificilmente pode alterar esa dominación; pola contra, faina máis doada. O individuo non se converte nun axente consciente e lúcido da transformación social, senón no escravo dun consumismo triunfante. O cidadán desaparece dándolle paso ao consumidor/espectador; non xa máis en adiante un cidadán na busca da emancipación senón unha criatura insignificante que acepta a submisión.

Os campos de batalla do imperialismo, Samir Amin