Europa no espello arxentino

Logo de facer estragos na súa patria de orixe, Estados Unidos, o "virus neoliberal", para usar a atinada expresión de Samir Amin, contaxiou a Europa. Ante os síntomas inocultábeis da crise, os mercados reaccionan coa súa explosiva mestura de rapacidade e irracionalidade e evidencian o seu escepticismo ante as receitas de saída da crise elaboradas polo G-20, o FMI ou o BM. Para colmo, esta fin de semana, Jean-Claude Trichet, Presidente do Banco Central Europeo, declarou "a salvación dun billón de dólares aprobada pola UE e o FMI é só para gañar un pouco de tempo". Esta opinión foi secundada polo economista-xefe do BCE, Jürgen Stark, quen ademais dixo que "cando os mercados tolean, ninguén pode previr as consecuencias".

Tirado do artigo Europa en el espejo argentino, de Atilio Borón, traducido ao galego polo Terra e Tempo.