Comeza a aceitarse que a UE é un groseiro enxendro político que non pode evitar a preminencia dun mercado deseñado por mercaderes e especuladores de retórica tan gastada que provoca risa. Foron moitos os galegos e galegas inducidos a aceitaren un deseño que significou o maior espolio da nosa capacidade e da nosa riqueza. Anularon a nosa potencialidade en sectores produtivos básicos para converternos en inútiles e indefensos consumidores. A rectificación deste sistema, tan irracional como desigual, parece que é incompatíbel co capitalismo de casino; os intentos de facelo serán seguramente acusados de comunismo resucitado, polos altifalantes dos hipopótamos globais. A verdade é que chama a atención o silencio de tanto español patrioteiro, obsesionado co Estatut Catalán ou alporizado coas aspiración do galego a ser unha lingua normal na súa sociedade, perante os desprezos, inxerencias e imposicións que chegan desde fóra, sen rechistaren. É sintomática esta alianza de globalización, centralismo estatal e antinacionalismo.
Francisco Rodríguez fala da ofensiva neoliberal e da crise económica no Terra e Tempo dixital.