Capitalismo e ecoloxismo



O capitalismo, na súa expansión mundial, está a producir a deterioración ecolóxica e a deterioración social arrasando pobos e sociedades. A solución á crise ten que enfrontarse co sistema económico vixente e propoñer unha alternativa radical ao sistema capitalista que debe ser unha alternativa ecolóxica e socialista e de aí vén a denominación adoptada de “ecosocialismo”, aínda que o de menos sexa o nome que lle deamos. Ese é a proposta. Propoñémonos no Manifesto Ecosocialista un cambio de acento na análise da crise ecolóxica facendo fincapé na súa orixe económica, e disto dedúcese que amañar o cambio climático suporía unha transformación revolucionaria da sociedade e da economía, na que o desenvolvemento económico non siga xa os patróns do capitalismo expansivo que coñecemos na actualidade.

Michael Lowy en Tempos Novos