En nome da democracia

O democrático sería mudar a Constitución para dar cabida á decisión soberana de cada nación. Pero o democrático bate de fronte co constitucional, co réxime e co pacto de Restauración. Invalidar, como fai o Tribunal Constitucional, a decisión do pobo e do Parlamento de Cataluña, aínda que só afecte a unha pequena parte do articulado do Estatut, é unha proba de como se ataca a democracia no nome da propia democracia. Ou a formalidade democrática como coartada. Porque entre as formas do réxime e a democracia real media un abismo escuro e intransitable.

Antón Dobao escribe sobre o Estatut catalán e as súas implicacións