Nacionalismos e imperialismos. As confusións interesadas de Vargas Llosa.
De igual xeito que formalmente a idea da biodiversidade se entende como necesaria na conservación do equilibrio do noso planeta, chama a atención que a idea da diversidade nacional, cultural, lingüística, .. - a biodiversidade política, en definitiva- suscite tantos ataques e incomprensións.
Chama a atención a interesada confusión que Vargas Llosa e tantos outros fan para atacar ao nacionalismo confundindo a ideoloxía nacionalista propia dos pobos que loitan pola súa xusta liberación nacional e social coa ideoloxía imperialista que se corresponde coa dos estados que impoñen o seu colonialismo, a súa explotación, o seu dominio e opresión a outros pobos.
Galiza aspira como a Irlanda de Casement a materializar tamén o soño do Celta, soño que xa Alfredo Brañas expresaba: Galiza levántate e anda como en Irlanda, como en Irlanda....
Francisco García nunha resposta a Vargas Llosa en Terra e Tempo