
Pero as imaxes do presente son tamén couto privado dos medios de comunicación, os medios de comunicación xestionan á perfección as imaxes do presente. De aí que, malia estarmos supostamente nun mundo de imaxes, sexa moi fácil, segundo Badiou, organizar a súa ausencia. Os medios de comunicación son soberanos das imaxes porque poden organizaren perfectamente a súa ausencia. Entre as reflexións de Alain Badiou sobre o presente atópase a que di que o nome democracia é a imaxe rectora daquel:
«O emblema do tempo presente –di na conferencia titulada A filosofía, a democracia e a comedia do presente–, o seu fetiche, o que cubre dunha falsa imaxe o poder nu sen imaxe é a palabra democracia. Hoxe é sentimentalmente obligatorio ser demócrata. O feroz poder nu que nos destrúe faise recoñecer e ata ser amado por todos, desde que se cubre coa palabra democracia»
Xa que logo, interpreto eu, ao empregar unha versión oca da democracia (ou tantas outras fantasmagorías coma dereitos humanos, liberdade individual, voto secreto, prensa libre, etc.) o poder –persoas ben concretas en realidade– dedícase a establecer o grao cero da realidade. Todas aquelas outras “realidades” ás que non se lle poidan aplicar estas pantomimas segundo o molde formalista e acartonado ao uso, simplemente non son consideradas como parte do real.
Imaxes do presente, O Funambulista Coxo
Foto: Pablo Portero